O cómico Leo Bassi prepara a súa 'actuación' no Concello de Santiago, o vindeiro día 12 de abril ás 11 da mañá. Explica que será unha "homenaje a Prisciliano de Ávila, bispo e druida, vítima do escurantismo"
Fálase
Polémica en Catalunya: o novo vicepresidente da Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals, proposto polo PP, quere que nos mapas do tempo de TV3 deixen de aparecer só Catalunya e as zonas de fala catalá para que se reflicta "toda España". En Vilaweb.
Paro. Galicia ten 27.549 desempregados máis que en marzo de 2011, un aumento do 11,05%, polo que é a quinta autonomia con máis paro rexistrado en España e cunha evolución interanual peor que a media estatal, que é do 9,63 %.
A empresa pública Galaria, dependente de Sanidade, creará unha oficina para realizar o seguimento da futura plataforma loxística do Sergas, xestionada por unha empresa privada. No Diario Oficial de Galicia deste martes.
Paro. O desemprego medra en todas as comunidades autónomas do Estado agás Baleares (-2-27%), Navarra (-0,75%) e Cataluña (-0,58%).
Obama ten nove puntos de vantaxe sobre Romney (51-42%) en doce swing states, aqueles que nos últimos anos non tiveron un dominador claro e nos que finalmente se decide o gañador das presidenciais, coma Colorado, Iowa, Wisconsin, Michigan, Ohio, Pennsylvania, Virginia ou Florida. Hai uns meses estaban practicamente igualados nestes estados. Obama domina claramente entre as mulleres (54-36%), mentres que nos votantes masculinos Romney está diante por un punto (48-47%).
Paro. Por provincias, o número de desempregados incrementouse un 1,5% en Ourense (+459), un 0,9% en Pontevedra (+982), un 0,56% en Lugo (+155) e un 0,49% na Coruña (+524).
Le Monde publica unha nova enquisa de intención de voto para as presidenciais francesas que confirma as tendencias das últimas semanas: Sarkozy gañaría de forma axustada na primeira volta (29,5%) a un Hollande (27,5%) que así e todo se imporía con claridade nunha segunda volta (55% a 45%). Destaca o crecemento de Melenchon, candidato da Front de Gauche, que xa é terceiro nas sondaxes e roza o 15% dos votos.
O aumento do paro en Galicia é do 0,77% no mes de marzo, un chisco por debaixo da media do Estado, cuxa suba alcanzou o 0,82%. En termos interanuais, o país conta con case 28.000 desempregados máis que hai un ano, o que supón un incremento do 11%.
Os Crebinsky obtén o premio á mellor película e mellor director no festival de Bolougne-Billancourt