Medios de comunicación online, empresas, asociacións e agregadores de contidos lanzan a Coalición Prointernet contra o canon AEDE previsto na reforma da Lei de Propiedade Intelectual presentada polo Goberno
Fálase
O Movemento pola Democracia publicou esta semana a Carta pola Democracia, un documento de mínimos elaborado por activistas e entidades sociais, que se comezará a presentar a vindeira semana en toda España
O bispo de Alcalá compara o aborto coa guerra civil e cualifícao de "holocausto silencioso".
Nova concentración en favor do indulto de Carlos e Serafín, sindicalistas da CIG e da UGT, condenados a tres anos de prisión tras unha denuncia policial por un piquete informativo do ano 2008. A protesta tivo lugar onte en Vigo.
O PSN prégase ante Ferraz e renuncia á moción de censura en Navarra. O comité rexional acata o veto de Madrid malia estar en desacordo.
O Supremo impide utilizar parados como voluntarios para cubrir tarefas habituais. Limita a figura pola que o Goberno pode requirir desempregados para diferentes labores.
As protestas dos mariñeiros galegos do cerco trasládanse á Coruña. Uns mil manifestantes cortan a ponte Pasaxe de entrada á cidade entre un gran despregamento policial e cargas. Protestan polo que consideran un inxusto e insuficiente reparto de cotas e que xa os sacou onte á rúa en Vigo. Imaxe de @radiocoruna.
El Correo Gallego recolle a información de Praza na que Francisco Pillado explica a súa marcha da dirección da editorial Laiovento. Pillado, presidente de honra da Fundación Praza Pública, asegura estar "desmotivado" e "canso" dun labor editorial "á contra", nun escenario difícil, no que denuncia a falta de apoio da Xunta e a "invisibilización" da cultura galega nos medios de comunicación.
Compromiso por Galicia lamenta que "entre o seu partido e Santiago, Feijóo escolla o PP". O secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, apoiou esta mañá a recollida de sinaturas que impulsa o seu partido para solicitar a disolución da corporación municipal e a formación dunha xestora ata as vindeiras eleccións municipais.
Quedan menos de 48 horas para que finalice a campaña de captación de fondos da revista Oink! en Verkami. Polo momento, levan captados 6.800 dos 36.000 que precisan.