O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, di nunha entrevista en RNE que cando "ve un iogur na neveira xa pode poñer a data [de caducidade] que queira, que eu vouno comer".
O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, di nunha entrevista en RNE que cando "ve un iogur na neveira xa pode poñer a data [de caducidade] que queira, que eu vouno comer".
O cárcere de Segovia no que cumpre condena Ángel Carromero xa estuda concederlle o terceiro grao. O dirixente das Novas Xeracións do PP foi condenado por homicidio imprudente en Cuba. Na Cadena SER.
O correspondente en España do Süddeustche Zeitung afirma que “a opinion pública alemá está en contra de que Alemaña celebre uns Xogos Olimpicos porque xeran unha gran débeda pública”. Cre que o proxecto Madrid 2020 xerará “unha reacción negativa”.
Asasinan en París tres activistas políticas kurdas tras un ataque armado contra o Centro de Información do Kurdistán en pleno centro da cidade. Unha delas fora unha das fundadoras do PKK
O Deportivo solicita este xoves o concurso de acredores. Presentará hoxe no xulgado a documentación para unha entrada en concurso cuxa data decidirá o xuíz tras revisar os datos, tal e como conta La Opinión.
Somos adictos á rede? O 62% dos británicos afirman necesitar entrar en Internet todos os días "para funcionar". Os homes navegan unha media de 19 horas á semana e as mulleres ao redor de 14. Toda a información nesta infografía.
O financiamento para proxectos de investigación cae un 19,5%. Neste 2013 a Secretaría de Estado de Investigación achegará 75 millóns menos.
José Luis Baltar vén de solicitar a súa suspensión temporal de militancia no PPdeG "para non danar a organización". O ex presidente da Deputación declarará a finais de mes ante o xuiz acusado de contratar de forma fraudulenta máis de 100 persoas no ente provincial.
Os trece novos tomos do Diccionario biográfico español manteñen a amabilidade con sublevados fascistas. A Real Academia da Historia omite episodios sinistros e louva supostas fazañas, como no caso de Millán Astray.
Facenda autoriza 52 millóns de euros en sobresoldos variables a 698 directivos de empresas públicas. Soraya Sáenz de Santamaría gabárase de que o Estado aforrara 9,7 millóns coas rebaixas de salario aos altos cargos, pero ,sto afectaba só á parte fixa dos soldos