Derrota do Celta en San Mamés 1-0 con gol de Adúriz para o Athlétic de Bilbao

Derrota do Celta en San Mamés 1-0 con gol de Adúriz para o Athlétic de Bilbao
Cayo Lara critica que o 80% do cadro de persoal da Axencia Tributaria se dedique a inspeccionar as contas de pemes e autónomos cando o 71,7% da evasión fiscal a realizan multinacionais
The New York Times analiza o conflito sirio e salienta a dependencia crecente que as forzas rebeldes teñen con respecto a Al-Qaeda. Este grupo procee de Iraq e conta con abondosos recursos económicos e armamento.
España convértese no Estado da UE cunha maior desigualdade na distribución da renda, por diante de Bulgaria, Letonia e Romania. O 20% dos españois con máis renda ten 6,8 veces máis cartos que o 20% que menos ten.
Os inspectores de Facenda queren investigar todas as persoas que se apuntaron á amnistía fiscal do Goberno. Este colectivo sempre se amosou moi crítico coa medida.
Milleiros de persoas participan noutra marea branca en Madrid en defensa da sanidade pública.
Izquierda Unida prepara a súa Asemblea Federal, que se celebrará a vindeira semana, e apunta á presentación dunha candidatura unitaria e un encontro sen excesivos conflitos. Porén, Gaspar Llamazares esixelle a Cayo Lara que teña en conta o seu grupo, Izquierda Abierta.
Un grupo de estudantes de doutoramento do CERN realizou un filme de zombies cuxa acción ten lugar nas propias instalacións do Gran Colidor de Hadróns. Decay pode verse integramente en youtube.
O PSdeG propón un imposto do 0,6% sobre os depósitos da banca. Os socialistas calculan que poderían obterse 52 millóns de euros que se destinarían aos servizos públicos e a reducir o déficit
O Liceo perdeu a imbatibilidade ao ser derrotado por 3 a 2 na pista do Noia, mais mantén o liderado con dous puntos de vantaxe sobre o Barça, xa que os blaugranas non pasaron do empate na súa visita ao Blanes. Na división de prata, o Cerceda venceu o líder Mataró por 1 a 0 e sitúase a só un punto da cabeza da táboa