EKHE, a empresa editora de Gara, impulsará un novo medio dixital, chamado naiz: "para enfrontar a nova realidade do sector"
Fálase
A Liga Estudantil Galega celebra este sábado unhas xornadas sobre a Estratexia Universitaria 2015
Axentes de delictos urbanísticos irromperon o pasado xoves no Concello de Sanxenxo para levar algúns expedientes. O feito foi recoñecido polo goberno municipal o venres pola tarde. Investíganse tres denuncias por irregularidade, entre elas a construción duns chalés pegados ao cemiterio.
En #compostweets, José Luis Orihuela: "Os políticos foxen das redes sociais despois das campañas porque non aturan a transparencia"
A CIG estase a manifestar nestes momentos en Compostela na defensa do carácter público do Consorcio Galego de igualdade e Benestar
Rosalía de Castro é, desde esta tarde e até estas horas, tema do momento (Trending Topic) en Twitter no día do 175º aniversario do seu nacemento. Sempre viva Rosalía!
Os provedores que teñan facturas pendentes coa administración pública terán prioridade á hora de cobrar se aceptan unha quita da súa débeda. É un aspecto que Soraya Sáenz de Santamaría non quixo desvelar na rolda de prensa. Os medios de comunicación soubémolo na nota de prensa remitida polo Ministerio de Hacienda. Os concellos, deputacións e demais administracións públicas teñen vinte días para enviar a Madrid unha compilación das facturas pendentes de pagamento.
Morre en París aos 91 anos o pintor galego Leopoldo Nóvoa.
A asemblea de traballadores de Público decide non saír máis á rúa. O de este venres foi o último número impreso.
Julio Camba, o primeiro distópico. Hoxe, en Público