Os provedores que teñan facturas pendentes coa administración pública terán prioridade á hora de cobrar se aceptan unha quita da súa débeda. É un aspecto que Soraya Sáenz de Santamaría non quixo desvelar na rolda de prensa. Os medios de comunicación soubémolo na nota de prensa remitida polo Ministerio de Hacienda. Os concellos, deputacións e demais administracións públicas teñen vinte días para enviar a Madrid unha compilación das facturas pendentes de pagamento.
Fálase
Morre en París aos 91 anos o pintor galego Leopoldo Nóvoa.
A asemblea de traballadores de Público decide non saír máis á rúa. O de este venres foi o último número impreso.
Julio Camba, o primeiro distópico. Hoxe, en Público
Medra a economía de Irlanda. O Produto Interior Bruto (PIB) deste país, o segundo rescatado da eurozona, avanzou nove décimas en 2011. Prevé pechar 2012 con números negros, ao contrario que España, Italia, Portugal, Grecia ou Holanda. Información no Irish Times
A Xunta segue sen dar prazos ou solucións para o desdobramento da Autovía do Morrazo, con alta sinistralidade. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas insiste en que están repasando os pregos do concurso para que poidan optar máis firmas.
O Comité de Empresa de Alcoa asegura que a empresa ameaza aos traballadores con presentar un ERE de extinción baixo o pretexto de que "coa nova reforma laboral" non teñen "nin que negocialo" cos sindicatos. Alcoa non dá ningunha garantía de futuro para os centros de Avilés e A Coruña mentres non teñan asegurado o suministro de enerxía a un prezo competitivo a medio e longo prazo.
O PSOE ameaza con recorrer a reforma laboral ante o Tribunal Constitucional se non se modifican dous artigos: a posibilidade de despedir nun período de proba de ata un ano e a rebaixa salarial.
O deputado do BNG Henrique Viéitez pide á Xunta de Galicia que "actúe" fronte ao recorte anunciado por Alcoa na factoría que ten en Galicia. Para o nacionalista estes plans "teñen como obxectivo final a deslocalización".
Xa hai nota oficial do diario Público sobre o peche da súa edición en papel.