Arquivada a investigación xudicial ao edil de Espazos Cidadáns de Santiago, Jorge Duarte, pola tramitación de sancións a locais nocturnos. Así o veñen de anunciar o concelleiro e mais o alcalde da cidade, Martiño Noriega, quen subliñan que a xuíza confirma como "razoables" as dúbidas do edil sobre os expedientes e ratifica que non existiu ningún "trato de favor" nun eido no que goberno local e sector xa chegaron a un acordo.
