O Concello da Coruña deberá pagar 180 mil euros de indemnización pola adxudicación da feira taurina en 2005. En 2011 o Tribunal Supremo xa ordenara o pagamento de 144 mil euros por contratar a Inversiones Chicó en lugar da outra promotora aspirante, que recorreu. O Concello buscou evitar o pagamento nos tribunais, pero agora unha nova sentenza obrígalle a pagar, ademais, outros 34 mil euros de intereses de demora.
Fálase
Policías levan a xuízo por lesións a un preferentista cunha incapacidade do 68%. Os axentes reclámanlle 1.700 euros de indemnización por unha falta de "lesións", aínda que a propia Fiscalía rebaixou a petición a 400 euros.
Na súa mensaxe de fin de ano Artur Mas presiona a ERC e esixe "unidade" alegando que o Estado busca a "división". Porén, non aclara as súas intencións con respecto a un adianto electoral. O presidente da Generalitat recibe críticas, dende a propia ERC a ICV e PSC.
Piedras de papel, o blog de El Diario elaborado por un grupo de sociólogos e politólogos, repasa o ano 2014 en 12 gráficos, dende a crise da Monarquía á caída do apoio ao bipartidismo.
O Concello de Ferrol aprobou este martes, cos votos de PP e IF e fortes críticas da oposición, o seu "contrato máis importante", a concesión a unha empresa privada do servizo de recollida do lixo por 10 anos e 80 millóns de euros. PSdeG-PSOE e BNG votaron en contra e os concelleiros de EU abandonaron o salón de plenos como acto de protesta.
AGE insta a Xunta a esixir a creación dunha Fiscalía anticorrupción en Galicia "se é verdade que quere loitar contra a corrupción". A viceportavoz de Alternativa, Yolanda Díaz, dirixiu unha pregunta parlamentaria ao Goberno galego sobre "as actuacións ou futuras actuacións" levadas a cabo para a consecución desta fiscalía, "sen obter resposta ningunha".
O pleno da Deputación de Lugo pide a dimisión da conselleira de Sanidade polo recorte do PP á ILP que reclamaba os servizos pendentes no Hospital Lucus Augusti. Máis información, hoxe en Praza.
Facua critica que o Goberno central dificulte a eliminación do roaming na UE, que debería ser unha realidade a finais de 2015. A CNMC elaborou un informe para tentar que a Comisión Europea dea marcha atrás na aplicación desta medida, empregando argumentos como que os españois viaxan pouco. A organización de consumidores acusa o Executivo de actuar ao ditado das grandes empresas de telecomunicación.
O vicepresidente Rueda faise cargo temporalmente da Consellería do Mar e do Medio Rural a causa da "ausencia" de Rosa Quintana por razóns de saúde. A substitución publícase este martes no DOG.
CC.OO. critica o "paso atrás" do ministro de Xustiza, Rafael Catalá, en relación ao indulto de Ana e Tamara. O pasado verán o anterior responsable da carteira, Alberto Ruiz Gallardón, comprometérase a estudar a petición e chegou a haber un acordo para resolvelo nun prazo breve.