Facua critica que o Goberno central dificulte a eliminación do roaming na UE, que debería ser unha realidade a finais de 2015. A CNMC elaborou un informe para tentar que a Comisión Europea dea marcha atrás na aplicación desta medida, empregando argumentos como que os españois viaxan pouco. A organización de consumidores acusa o Executivo de actuar ao ditado das grandes empresas de telecomunicación.
Fálase
O vicepresidente Rueda faise cargo temporalmente da Consellería do Mar e do Medio Rural a causa da "ausencia" de Rosa Quintana por razóns de saúde. A substitución publícase este martes no DOG.
CC.OO. critica o "paso atrás" do ministro de Xustiza, Rafael Catalá, en relación ao indulto de Ana e Tamara. O pasado verán o anterior responsable da carteira, Alberto Ruiz Gallardón, comprometérase a estudar a petición e chegou a haber un acordo para resolvelo nun prazo breve.
PP e BNG botan abaixo os orzamentos para o Concello deLugo presentados por José López Orozco que, con todo, aprobará a súa proposta en xunta de goberno, grazas á aplicación da Lei de Grandes Cidades.
A construtora San José evita o concurso de acreedores tras chegar a un acordo cos bancos e o fondo Värde para o seu rescate. De igual xeito, Martinsa Fadesa líbrase de novo da súa liquidación ao levarlle ao xuíz outra proposta de modificación do convenio de acreedores
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, rexeita as sentenzas do Tribunal Supremo e do TSXG e apoia o mantemento dos recheos ilegais no porto de Marín.
Israel podería estar preparando a substitución do presidente palestino Mahmud Abás, tras as ameazas deste de recorrer a acordos e convencións internacionais para rematar coa ocupación israelí
Ganemos Madrid supera as 30 mil sinaturas que fixara como obxectivo para presentarse ás eleccións. Agora comezará contactos con forzas políticas (Podemos, IU, Equo...) para elaborar unha lista conxunta.
O financiamento público das curas de hepatite C só chegará ao 17% dos casos máis graves, para seis mil dos 35 mil afectados nos estadios máis avanzados da enfermidade. Cando o Goberno negociou co laboratorio Gilead para rebaixar o prezo do fármaco Sovaldi fixou tamén un teito de gasto. Este luns a plataforma galega de afectados realizou actos en Vigo e Compostela.
O PPdeG repasa o 2014 coa etiqueta #e2015seráMELLOR destacando, entre outros aspectos, que "Galicia superou os debates lingüísticos galego-castelán" ou "a inversión en educación"