Ganemos Madrid supera as 30 mil sinaturas que fixara como obxectivo para presentarse ás eleccións. Agora comezará contactos con forzas políticas (Podemos, IU, Equo...) para elaborar unha lista conxunta.
Fálase
O financiamento público das curas de hepatite C só chegará ao 17% dos casos máis graves, para seis mil dos 35 mil afectados nos estadios máis avanzados da enfermidade. Cando o Goberno negociou co laboratorio Gilead para rebaixar o prezo do fármaco Sovaldi fixou tamén un teito de gasto. Este luns a plataforma galega de afectados realizou actos en Vigo e Compostela.
O PPdeG repasa o 2014 coa etiqueta #e2015seráMELLOR destacando, entre outros aspectos, que "Galicia superou os debates lingüísticos galego-castelán" ou "a inversión en educación"
O FMI, de acordo coa UE e o BCE, acorda suspender as negociacións sobre o financiamento a Grecia ata a formación dun novo goberno. A decisión chega horas despois do anuncio da convocatoria electoral no país.
Vence augura que 2015 será o ano dunha "severa derrota do PP" tras un 2014 "calamitoso" pero "cunha sociedade disposta a derrotar as políticas" dos conservadores. Cara ás citas electorais o líder do BNG apela ao fortalecemento dunha "alternativa centrada no país".
Este 31 de decembro finaliza a prórroga de vinte anos que permitía a permanencia de contratos de aluguer de renda antiga para locais comerciais. Os propietarios poderán fixar un prezo libre, o que suporá o peche ou o traslado de milleiros de pequenos comercios dos centros urbanos.
O Ministerio de Defensa recoñece -tras una pregunta parlamentaria formulada por Amaiur- a súa participación nas repatriacións de restos de españois que loitaron na División Azul. Mentres, o Goberno continúa sen apoiar a exhumación de cadáveres de republicanos asasinados na Guerra Civil e na postguerra.
Grecia celebrará nun mes eleccións anticipadas, nas que o gran favorito e Syriza. O Parlamento grego non conseguiu elixir presidente nun novo intento, o que provoca a convocatoria dos comicios.
O DOG publica o nomeamento de Rajoy como "embaixador de honra" do Camiño de Santiago, título que a Xunta xa lle outorgara ao rei Felipe VI e ao adestrador Vicente del Bosque.
Os autónomos galegos cobran 120 euros por baixo do salario mínimo. Perciben 530 euros 'limpios' mensuais, a cantidade máis baixa do Estado.