Grecia celebrará nun mes eleccións anticipadas, nas que o gran favorito e Syriza. O Parlamento grego non conseguiu elixir presidente nun novo intento, o que provoca a convocatoria dos comicios.
Fálase
O DOG publica o nomeamento de Rajoy como "embaixador de honra" do Camiño de Santiago, título que a Xunta xa lle outorgara ao rei Felipe VI e ao adestrador Vicente del Bosque.
Os autónomos galegos cobran 120 euros por baixo do salario mínimo. Perciben 530 euros 'limpios' mensuais, a cantidade máis baixa do Estado.
Euskadi e Cataluña empatan nun novo partido amigable (1-1) no que ambos os dous conxuntos reivindicaron a oficialidade. Galicia cumpre seis anos sen disputar o encontro do Nadal tras a recuperación do combinado en 2005.
Xavier Belho completa a viaxe en moto entre Galicia e Grecia, que durante as últimas oito semanas o levou polos países do sur de Europa, gravando un documental sobre a crise económica e os proxectos autónomos de transformación social, Crisis? What Crisis?
A plataforma contra a autovía A-76 (entre Ponferrada e Ourense) cualifica de "despilfarro" a construción desta vía, que en Coles marchará en paralelo coa futura A-56 (Lugo-Ourense). A plataforma amplía o radio de acción da súa oposición a este proxecto, que -alertan- ameaza a Riberia Sacra
Este martes quedará inaugurado o derradeiro treito da autovía A8, que conecta Galicia con Francia. Esta inauguración, entre Asturias e Cantabria, pon fin a 25 anos de obras en Asturias.
O Parlamento grego vota este luns por terceira vez para investir Stavros Dimas como presidente. Se non acadase unha vez máis os 180 apoios necesarios, a cámara disolveríase e convocaríanse eleccións, con Syriza en cabeza nas enquisas.
O Goberno adxudícalle ao Banco Santander a conta de depósitos xudiciais, que recolle as fianzas, taxas, embargos e multas ditadas polos xulgados e tribunais, e que cada ano ingresa ao redor de 7 mil millóns de euros. Ademais, o Executivo deixa de publicar información sobre os movementos desta conta, que até o de agora se facían públicos cada trimestre.
Diego Cañamero, portavoz do SAT, abandona IU xunto cun grupo de dirixentes da CUT, polo apoio da coalición ao goberno de Susana Díaz en andalucía e aos seus orzamentos para o vindeiro ano.