Este 31 de decembro finaliza a prórroga de vinte anos que permitía a permanencia de contratos de aluguer de renda antiga para locais comerciais. Os propietarios poderán fixar un prezo libre, o que suporá o peche ou o traslado de milleiros de pequenos comercios dos centros urbanos.
Fálase
O Ministerio de Defensa recoñece -tras una pregunta parlamentaria formulada por Amaiur- a súa participación nas repatriacións de restos de españois que loitaron na División Azul. Mentres, o Goberno continúa sen apoiar a exhumación de cadáveres de republicanos asasinados na Guerra Civil e na postguerra.
Grecia celebrará nun mes eleccións anticipadas, nas que o gran favorito e Syriza. O Parlamento grego non conseguiu elixir presidente nun novo intento, o que provoca a convocatoria dos comicios.
O DOG publica o nomeamento de Rajoy como "embaixador de honra" do Camiño de Santiago, título que a Xunta xa lle outorgara ao rei Felipe VI e ao adestrador Vicente del Bosque.
Os autónomos galegos cobran 120 euros por baixo do salario mínimo. Perciben 530 euros 'limpios' mensuais, a cantidade máis baixa do Estado.
Euskadi e Cataluña empatan nun novo partido amigable (1-1) no que ambos os dous conxuntos reivindicaron a oficialidade. Galicia cumpre seis anos sen disputar o encontro do Nadal tras a recuperación do combinado en 2005.
Xavier Belho completa a viaxe en moto entre Galicia e Grecia, que durante as últimas oito semanas o levou polos países do sur de Europa, gravando un documental sobre a crise económica e os proxectos autónomos de transformación social, Crisis? What Crisis?
A plataforma contra a autovía A-76 (entre Ponferrada e Ourense) cualifica de "despilfarro" a construción desta vía, que en Coles marchará en paralelo coa futura A-56 (Lugo-Ourense). A plataforma amplía o radio de acción da súa oposición a este proxecto, que -alertan- ameaza a Riberia Sacra
Este martes quedará inaugurado o derradeiro treito da autovía A8, que conecta Galicia con Francia. Esta inauguración, entre Asturias e Cantabria, pon fin a 25 anos de obras en Asturias.
O Parlamento grego vota este luns por terceira vez para investir Stavros Dimas como presidente. Se non acadase unha vez máis os 180 apoios necesarios, a cámara disolveríase e convocaríanse eleccións, con Syriza en cabeza nas enquisas.