O sociólogo Manuel Castells será ministro de Universidades e o líder de IU Alberto Garzón ocupará a carteira de Consumo, con competencias sobre o xogo e as casas de apostas. Os seus nomes únense aos dos restantes integrantes da parte do Goberno propostos por Unidos Podemos: Pablo Iglesias (vicepresidente de Asuntos Sociais), Irene Montero (ministra de Igualdade) e Yolanda Díaz (ministra de Traballo). O PSOE aínda non anunciou todos os seus ministros ou ministras, pero xa é seguro que continuarán Carmen Calvo, Nadia Calviño, José Luis Ábalos, Fernando Grande-Marlaska, María Jesús Montero ou Teresa Ribera.
