Haberá manifestación de ultradereita o día da final de Copa en Madrid. Unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade estima o recurso da Falange ante a resolución da Delegación do Goberno, que impedira a marcha.
Fálase
Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012, que conceden os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino. Máis información, pola tarde en Praza
A Rede Galega de Empresas demanda un Banco Público Galego e pide que as asociacións de empresarios, pemes e autónomos realicen un pronunciamento neste senso, para que a Xunta cree unha entidade financeira pública, sobre todo no caso de que NGB desapareza. Máis información, esta tarde en Praza
A Xunta cifra nun 3,36% o seguimento da folga no ensino en Galicia e cre que a cifra "demostra" que a os centros entenden a súa xestión. CCOO eleva a partición a máis do 30%.
Xuíces para a Democracia esixe a dimisión de Dívar polas súas viaxes
Os pensionistas, xubilados e prexubilados de UGT entregan hoxe ao Goberno un manifesto en defensa do Estado de Benestar logo de manifestárense en varias cidades españolas.
A Audiencia Nacional arquiva a querela contra a familia Botín polas súas contas en Suíza. En La Información.
Os sindicatos estatais cifran nun 80% o seguimento da folga no ensino no conxunto de España e aseguran que as protestas continuarán en xuño e á volta do verán.
Deputados de Izquierda Plural locen no Congreso as camisetas verdes contra os recortes na educación. Na imaxe, o parlamentario de EUiA Joan Josep Nuet (@Nuet).
Novagalicia Banco vende o 30% da eólica Enerfín a Elecnor por 30,5 millóns de euros, segundo informa o comprador á CNMV.