As bolsas Erasmus baixaron un 75% co actual Goberno central. El Diario repasa os recortes aplicados polo Ministerio de Educación nestas axudas.
Fálase
Público.es repasa "nove momentos bochornosos" de Canal 9, coas decisións máis "esperpénticas" dos directivos que levaron a canle pública valenciana á ruína. Mentres, unha traballadora da televisión valenciana relata as súas "mentiras" no traballo.
Sanidade valora pechar algunha das unidades de transplante de ril e de páncreas que funcionan en Galicia. Cóntao Faro de Vigo
O Banco de España considera legais as indemnizacións millonarias dos directivos das antigas caixas galegas, segundo publica La Voz
Máis de 40.000 persoas viron xa o vídeo no que o persoal de Canal 9 anuncia o peche da canle, decidido pola Generalitat Valenciana, que agora considera "un luxo" a televisión pública na que formulou un ERE ilegal.
Un millón de toneladas de refugallos viaxan polo océano Pacífico formando una especie de illa artificial do tamaño de Texas. Os restos proceden do maremoto que golpeou as costas de Xapón en 2011. A Axencia Meteorolóxica dos EE.UU. tenta predecir a rota que seguirá.
National Geographic realizou un mapa interactivo que amosa como serían as liñas costeiras do planeta se se derretese todo o xeo dos polos e o nivel do mar se elevase en 65 metros
O Apóstolo, seleccionada pola Academia de cine de Hollywood na categoría de mellor película de animación xunto a outras 18 finalistas.
A Policía Nacional detén o secretario do Concello de Fisterra. A acción non tería nada que ver coa xestión política no municipio.
A Generalitat valenciana pecha Canal Nou logo de que a Xustiza anulase o ERE e que afectaba máis dun milleiro de profesionais.