Rivera resucita a proposta de elixir un tecnócrata "independente" para presidir o Goberno de España.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5719bfe8c1f15-rivera-consenso-pp-psoe-ciudadanos-presidido-independiente_ediima20160421_0140_20.jpg)
Rivera resucita a proposta de elixir un tecnócrata "independente" para presidir o Goberno de España.
VÍDEO Falece o cantante Prince aos 57 anos. Así recolleu a TVG o seu concerto na Coruña en 1990.
A Federación de Librarías de Galicia ofrecerá dominios .gal a 15 euros para celebrar o Día do Libro. A través dun acordo coa Asociación Puntogal, cada libro mercado o 23 de abril en establecementos da Federación incluirá un marcapáxinas cun código de desconto.
Unidad Editorial, editora de El Mundo, anuncia un novo ERE con 224 despedimentos
Lugo será a sede dos Xogos do Eixo Atlántico no 2017. A proposta da capital lucense, que implica actividades tamén en Monforte e Sarria, foi elixida entre cinco candidaturas. A decisión deuse a coñecer este xoves en Viana do Castelo.
As Mareas en Común inician a recolleita de apoios aos seus principios básicos. Veñen de publicar os textos íntegros na súa web.
Metroscopia publica senllas enquisas de estimación de voto en eleccións xerais na Coruña e Pontevedra. Pequenos descensos para PP e PSOE e ascensos para En Marea e Ciudadanos, que en Pontevedra obtería un escano, que perderían os socialistas.
A Audiencia Nacional obriga a reabrir a causa polos asubíos ao himno de España na final da Copa do Rei. A Sala argumenta que existe un "ambiente institucional" diferente a respecto da independencia catalá a respecto de 2009, cando unha denuncia semellante non prosperara.
Unha sentenza conclúe que os terreos nos que se sitúa o Hospital Montecelo (Pontevedra) pertencen aos comuneiros de Mourente. En 2011 a xustiza xa recoñecera a propiedade comunal do espazo que ocupa a Brilat. As parcelas de Montecelo foron expropiadas polo Estado durante a ditadura franquista, ao igual que moitas outras propiedades de tipo comunal nos anos 60 e 70.
Unha ducia de detidos nunha operación policial contra a fraude fiscal en Vigo. A fraude atribuída ao Grupo Hermida podería chegar aos 12 millóns de euros