#consellodaxunta Feijóo, sobre a querela contra Conde Roa por presunta fraude fiscal: "Segundo me comunica o interesado non ten ningunha constancia oficial dese asunto e en canto sexa notificado, será o interesado o que faga a valoración que corresponda"
Fálase
#consellodaxunta #SOSFragasdoEume Feijóo subliña que "a maior parte das árbores" que arderon "son eucaliptos e piñeiros"
#consellodaxunta A Xunta inicia o "seguimento permanente" da situación de seca. "Estamos batendo todos os récords de falta de auga", di Feijóo.
#SOSFragasdoEume #consellodaxunta. Feijóo di que nos "podemos felicitar" porque o lume das Fragas estivo "controlado en 50 horas". Felicita os brigadistas e os alcaldes da zona e subliña que o dispositivo foi "suficiente".
#consellodaxunta A Xunta pon en marcha un plan para detectar enfermidades profesionais e que "non pasen por enfermidades comúns", di Feijóo. Trátase de que as mutuas "financien o custo" destes tratamento. O presidente asegura que o Sergas aforrará 7 millóns de euros.
#consellodaxunta Feijóo anuncia un acordo co Concello de Santiago para renovar os autobuses urbanos de máis de 12 anos.
#consellodaxunta #SOSFragasdoEume Feijóo di que xa está en marcha do "plan de recuperación" das Fragas do Eume que pactou con Cañete na Executiva do PP. Serán medidas que "permitan poñer como estaban as fragas antes do lume", afirma. Polo momento, non especifica que forma legal ten.
A prima de risco supera os 376 puntos básicos, cun rendemento do 5,570%, logo de se coñecer o resultada da subasta do Tesouro Público e que apenas logrou colocar o mínimo previsto e a un custo superior. a
O Tesouro coloca 2.588,65 millóns de euros en bonos e obrigas a tipos máis altos na primeira subasta tras a presentación dos Orzamentos para 2012 e queda preto do mínimo previsto, xa que prevía recadar entre 2.500 e 3.500 millóns.
O Concello da Coruña perde unha subvención de Política Lingüística por solicitala fóra de prazo. O seu obxectivo era o "mantemento dun servizo lingüístico" e é o único municipio do país que se atopa neste caso.