A prima de risco supera os 376 puntos básicos, cun rendemento do 5,570%, logo de se coñecer o resultada da subasta do Tesouro Público e que apenas logrou colocar o mínimo previsto e a un custo superior. a
Fálase
O Tesouro coloca 2.588,65 millóns de euros en bonos e obrigas a tipos máis altos na primeira subasta tras a presentación dos Orzamentos para 2012 e queda preto do mínimo previsto, xa que prevía recadar entre 2.500 e 3.500 millóns.
O Concello da Coruña perde unha subvención de Política Lingüística por solicitala fóra de prazo. O seu obxectivo era o "mantemento dun servizo lingüístico" e é o único municipio do país que se atopa neste caso.
55 catedráticos de Dereito do Traballo e a Seguridade Social lanzan un manifesto moi crítico coa reforma laboral do Goberno "contraria ao Estado social e democrático de Dereito, potenciadora do poder normativo unilateral do empregador e hostil á acción colectiva dos sindicatos". Entre os asinantes están Jaime Cabeza, da Universidade de Vigo, e Javier Gárate e Lourdes Mella, da USC.
Evolución do gasto por ministerios nos Orzamentos xerais do Estado. Gráfico en La Información.
Facenda denuncia a Gerardo Conde Roa por defraudar 300 mil euros, ao non pagar o IVE na venda de 61 vivendas. Máis información en El País.
O alcalde de Lugo seguirá "buscando todas as formas legais" para "defender a súa honra" ante as acusacións de Dorribo. "A ofensa que me fixo o dono de Nupel", acusándoo de prevaricación "é grave porque é mentira", di Orozco, despois de que o Tribunal Supremo non lle permitise querelarse por calumnias contra o suposto líder da trama Campeón.
#SOSFragasdoEume As Novas Xeracións do PP comunican que "se poñen á disposición" da Xunta "para axudar coas tarefas de reforestación das Fragas do Eume"
#PGE. O Goberno prevé que o número de parados aumente este ano en 602.800 persoas, un 12% máis que en 2011, até superar os 5,6 millóns de desempregados, segundo o proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado.
Paro. O BNG amosa a súa "preocupación total" polos datos do paro en Galicia que cre que demostran que as políticas económicas da Xunta e do Goberno central son "total e absolutamente ineficaces para combater a crise".