#consellodaxunta A Xunta pon en marcha un plan para detectar enfermidades profesionais e que "non pasen por enfermidades comúns", di Feijóo. Trátase de que as mutuas "financien o custo" destes tratamento. O presidente asegura que o Sergas aforrará 7 millóns de euros.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo anuncia un acordo co Concello de Santiago para renovar os autobuses urbanos de máis de 12 anos.
#consellodaxunta #SOSFragasdoEume Feijóo di que xa está en marcha do "plan de recuperación" das Fragas do Eume que pactou con Cañete na Executiva do PP. Serán medidas que "permitan poñer como estaban as fragas antes do lume", afirma. Polo momento, non especifica que forma legal ten.
A prima de risco supera os 376 puntos básicos, cun rendemento do 5,570%, logo de se coñecer o resultada da subasta do Tesouro Público e que apenas logrou colocar o mínimo previsto e a un custo superior. a
O Tesouro coloca 2.588,65 millóns de euros en bonos e obrigas a tipos máis altos na primeira subasta tras a presentación dos Orzamentos para 2012 e queda preto do mínimo previsto, xa que prevía recadar entre 2.500 e 3.500 millóns.
O Concello da Coruña perde unha subvención de Política Lingüística por solicitala fóra de prazo. O seu obxectivo era o "mantemento dun servizo lingüístico" e é o único municipio do país que se atopa neste caso.
55 catedráticos de Dereito do Traballo e a Seguridade Social lanzan un manifesto moi crítico coa reforma laboral do Goberno "contraria ao Estado social e democrático de Dereito, potenciadora do poder normativo unilateral do empregador e hostil á acción colectiva dos sindicatos". Entre os asinantes están Jaime Cabeza, da Universidade de Vigo, e Javier Gárate e Lourdes Mella, da USC.
Evolución do gasto por ministerios nos Orzamentos xerais do Estado. Gráfico en La Información.
Facenda denuncia a Gerardo Conde Roa por defraudar 300 mil euros, ao non pagar o IVE na venda de 61 vivendas. Máis información en El País.
O alcalde de Lugo seguirá "buscando todas as formas legais" para "defender a súa honra" ante as acusacións de Dorribo. "A ofensa que me fixo o dono de Nupel", acusándoo de prevaricación "é grave porque é mentira", di Orozco, despois de que o Tribunal Supremo non lle permitise querelarse por calumnias contra o suposto líder da trama Campeón.