A lei Wert para estudar más castelán é inaplicable en Galicia. As seis familias que solicitaron axudas para recibir máis clases de español non poderán recolocar os seus fillos noutro colexio privado porque todos imparten teoricamente aulas en galego.
Fálase
O Pontevedra fortalece o seu liderado en Terceira tras vencer o Sanxenxo (0-1). No resto da xornada: Bertamiráns 0 0 Arousa; Boiro 0 2 Rápido de Bouzas; Silva 1 0 Alondras; Laracha 2 1 Choco; Ordes 0 1 Barbadás; Racing Vilalbés 2 0 Cerceda; Cultural Areas 3 2 As Pontes; Ribadumia 1 1 Bergantiños; Fabril 5 0 Ribadeo.
O Racing de Ferrol leva o derbi galego de 2ªB ante o Compostela (0-3). No resto da xornada, o Celta B caeu 3-1 ante o Tropezón, o Somozas na casa ante o Logroñés (0-1) e o Coruxo empatou ante o Burgos (1-1).
Marcial Dorado branqueou millóns durante a súa amizade con Feijóo. A xustiza atribuíu a súa fortuna ao tráfico de drogas, cantidades que acumulou na época na que gozaba das vacacións co actual presidente da Xunta. Os iates nos que viaxaba o líder do PPdeG foron decomisados.
Un galego que paga pola súa herdanza 27.000 euros, pagaría 1.200 en Madrid. O contribuínte pode pagar ata 30 veces máis que noutras comunidades autónomas.
Sete mil universitarios galegos quedan sen bolsa tras a reforma de Wert. Supón unha baixada do 30% nas axudas a estudantes logo de se endurecer os requirimentos.
Carnota, Foz e Cedeira son os concellos galegos con máis vivendas baleiras, segundo conta La Voz de Galicia. 300.000 inmobles esperan ocupantes no país.
Un morto e tres policías feridos nun tiroteo nun debate sobre liberdade de expresión e Islam en Copenhague. Un ilustrador ameazado por debuxar a Mahoma estaba entre os participantes.
A AELG premia a Asociación de Medios en Galego e o CXPX nos premios de 2015 e concédelle a Letra E ao escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. A asociación propón para o Nobel a Agustín Fernández Paz, que se une a Luz Pozo Garza e Méndez Ferrín.
O Deportivo cae (2-0) ante o Real Madrid malia ofrecer unha boa imaxe. O equipo galego plantoulle cara ao conxunto madridista e tivo varias ocasións no Bernabéu.