O crowdfunding moveu 2.700 millóns de dólares en todo o mundo en 2012, un 81% máis que o ano anterior.
Fálase
Este xoves péchanse na Facultade de Filoloxía da USC as xornadas sobre o cincuentenario do Día das Letras Galegas organizadas pola Liga Estudantil Galega. Falarán Goretti Sanmartín, María do Cebreiro, Manuel Bragado, O Leo i Arremecághona, Víctor Freixanes e Xosé Luís Regueira. E haberá un recital poético con Chus Pato e María do Cebreiro.
As estatísticas de tráfico aéreo de marzo amosan novas caídas nos tres aeroportos galegos. A Coruña e Vigo superan o 15% de perda de viaxeiros e Compostela descende máis do 5%.
O bispo de Alcalá de Henares sentenza que os nenos e nenas "dubidan da súa sexualidade por ideoloxías no ensino". Cóntao a Cadena SER.
O BNG pregúntalle ao Goberno central no Congreso se é certo que o rei falou co emir de Qatar para pedirlle contratos para Navantia e non para mediar a prol de Urdangarín.
Felipe González carga contra os escraches. "Por que un neno ten que aguantar presión na porta da súa casa?", pregúntase o ex presidente do Goberno.
Traballadores da Fábrica de Armas da Coruña volven manifestarse contra o peche da factoría e a negativa da empresa a negociar unha alternativa industrial.
Convocan a cantar o Grândola Vila Morena o vindeiro 25 de abril na Praza do Obradoiro.
O Tribunal Superior de Catalunya obriga a que as clases sexan en español se así o pide un só alumno. O auto asegura que a atención individualizada non é suficiente.
El Diario publica integramente a entrevista que José Luis Sampedro mantivo con Carne Cruda o pasado mes de maio: “Está todo moi ben tramado para dominar, para que non teñamos unha democracia”