Este xoves péchanse na Facultade de Filoloxía da USC as xornadas sobre o cincuentenario do Día das Letras Galegas organizadas pola Liga Estudantil Galega. Falarán Goretti Sanmartín, María do Cebreiro, Manuel Bragado, O Leo i Arremecághona, Víctor Freixanes e Xosé Luís Regueira. E haberá un recital poético con Chus Pato e María do Cebreiro.
