O paro rexistrado baixou en máis de 127.000 persoas en xuño no conxunto do Estado. Hai un 3,22% de persoas desempregadas máis que hai un ano.
Fálase
Dimite o director do Banco Vaticano tras un novo escándalo de corrupción. En El Diario
Dimite o director do Banco Vaticano tras un novo escándalo de corrupción. En El Diario
O Goberno central do PP segue a utilizar o sistema de interceptación de comunicacións SITEL que criticou con dureza durante o mandato de Zapatero. Cóntao a Cadena SER
O concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, finalmente pagará a súa defensa na Operación Pokémon. Inicialmente pedíralle ao Concello que asumise ese gasto e subliña que a lei o "ampara". Recólleo Faro de Vigo.
O FROB contratará dous bancos de investimento para vender Novagalicia e Catalunya Caixa. A entidade galega sería a primeira en saír á venda.
Os antidisturbios cargaron esta mañá contra os traballadores do sector cefalopodeiro que se manifestaban ante San Caetano, segundo recolle Europa Press, que salienta que unha das persoas feridas é un mozo de 15 anos. Hai escasos días a conselleira do Mar pediu "respecto" no Parlamento para estes axentes porque "tamén son traballadores".
Galiza Ano Cero vén de publicar a súa primeira entrevista. O protagonista é o profesor e activista Boaventura de Sousa.
Paralizado o desafiuzamento dunha muller vítima de violencia machista que vive coas súas dúas fillas nun piso alugado, cuxo propietario está desaparecido. A vivenda está en Valencia e a entidade que reclama o pagamento é Novagalicia Banco. En Público.es