O ex presidente de Sogama admite que sabía que o seu bufete se presentaba ao contrato do CETAL polo que tivo que dimitir. Dio nunha entrevista en La Voz
Fálase
Tsipras promete a vitoria e a fin dos recortes sociais en Grecia na recta final da campaña electoral. Cóntao El Diario dende Atenas
Bárcenas sae do cárcere asegurando que lle fixo caso ás mensaxes de Rajoy e foi "forte" e ratificando que o PP tiña unha contabilidade B. TVE cortou a emisión das declaracións do ex tesoureiro cando comezou a referirse aos cartos negros do partido, segundo recolle El Mundo
O PP de Ourense esixe que o seu ex tesoureiro se "retracte" das acusacións de financiamento irregular, polas que a xuíza De Lara investiga 24 dos seus membros. Cóntao El País
Draghi anuncia un plan de compra de débeda de 60.000 millóns mensuais ata setembro de 2016.
WhatsApp estrea versión para o ordenador. Mallandroid explica os detalles do formato web do popular servizo de mensaxes instantáneas, dispoñible dende hoxe.
Galicia perdeu 1.287 investigadores e investigadoras entre 2009 e 2013 polo recorte en I+D, segundo os datos oficiais publicados polo INE. En 2008 Galicia era a sétima comunidade autónoma que máis investía en investigación; hoxe é a undécima.
O documentario En todas as mans, dirixido por Diana Toucedo, busca financiamento, a través dunha campaña de crowdfunding, para completar a fase de postprodución e asegurar a súa distribución. O filme afonda na historia dos montes comunais e procura dignificar e aumentar o valor desta figura.
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña organiza unha serie de eventos enmarcados celebración do aniversario de Anita Borg: WikinformáticA, un concurso no que alumnado de secundaria elabora unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das TIC. E tamén unhas xornadas, a semana que vén, nas que participarán destacadas profesionais neste campo, coma Carme Miró, Cristina Gamallo, Mariel Martínez ou María Malmierca.
O MUNCYT da Coruña acolle este venres a charla do físico e divulgador científico Dosi Veiga co título "APOD NASA 2014, Un ano de astronomía en galego", organizada pola Agrupación Astronómica Ío. Veiga é un dos tradutores ao galego da web da NASA Astronomy Picture Of the Day