As vinte persoas máis ricas de España teñen tanto diñeiro como os 14 millóns máis pobres. Os milmillonarios son aínda máis ricos desde que comezara a crise, segundo un informe de Oxfam.
Fálase
A cidadanía enviou xa a través de MSF máis cartos para loitar contra o ébola que o propio Goberno. A campaña Stop Ébola, que comezou hai un mes, recadou 750.000 euros en España, mentres que o Executivo destinou 507.000
Avogados do colectivo 15MpaRato presentan unha fórmula para que os afectados pola emisión de preferentes de Bankia reciban o seu investimento inicial máis un 4% de interese e recoméndanlles denunciar canto antes
Aznar empregou recursos públicos para os seus negocios privados coa Libia de Gadafi. O ex presidente pactara unha comisión do 1% con Abengoa de todos os contratos que a firma pechase naquel país.
Gerardo Crespo reivindica os "favores" que lles fixo a políticos como Carlos Negreira e acusa o PP de deixalo "tirado" co estourido da Operación Zeta, a presunta trama de falsos cursos de formación que supostamente lideraba. Asegúrao nunha entrevista con Faro de Vigo. Toda a información da Operación Zeta, en Praza.
A Fiscalía investiga se a Garda Civil multou arbitrariamente persoas estafadas coas preferentes con supostas sancións de tráfico. Cóntao El País
A conselleira de Traballo asegura que os presuntos líderes da trama Zeta "enganáronnos a todos". Segundo o sumario do caso, Beatriz Mato recibiu un bolso como agasallo dende unha das empresas de Gerardo Crespo, que a homenaxeou a través dunha das súas asociacións.
Médicos sen Fronteiras lanza a campaña #StopEbola para "mobilizar á sociedade para frear e conter o brote de ébola en África occidental". Pódese colaborar na web que veñen de lanzar.
A Axencia Tributaria multa A Mesa por solicitarlle notificacións en galego. A organización recibiu unha denuncia por "resitencia, obstrucción y excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria” e anuncia que recorrerá a sanción ante todas as instancias.
Todos os eurodeputados de PP e PSOE, agás dúas abstencións socialistas (Elena Valenciano e Javier López), votan a favor de que continúen as subvencións europeas á tauromaquia: 130 millóns de euros anuais. A proposta de supresión destas axudas foi presentada polo Partido Verde Europeo.