Alfredo Pérez Rubalcaba anuncia a convocatoria dun congreso extraordinario do PSOE o 19 de xullo para "elixir unha nova dirección" tras os "malos resultados, sen paliativos" das eleccións europeas . El Diario está a analizalo.

Alfredo Pérez Rubalcaba anuncia a convocatoria dun congreso extraordinario do PSOE o 19 de xullo para "elixir unha nova dirección" tras os "malos resultados, sen paliativos" das eleccións europeas . El Diario está a analizalo.
Os resultados provisionais deixan o PPE como primeira forza da Eurocámara, aínda que con sete puntos menos que en 2009. Os Verdes/ALE manteríanse como terceiro grupo do Parlamento e a Esquerda, na quinta posición.
No conxunto do Estado o PP é o partido máis votado (16 escanos), por diante de PSOE (14), pero perden 8 e 9 eurodeputados, respectivamente, e 5 millóns e medio de votos. A Esquerda Plural obtén 6 deputados, triplicando os resultados de 2009. A gran sorpresa da noite é a irrupción de Podemos, con 5 escanos. UPyD (4), CEU (3), ERC (2), C'S (2), Os Pobos Deciden (1) e Primavera Europea (1) obteñen representación. En Catalunya, ERC (23,7%) supera a CiU (21,9%) e a PSC (14,3%).
O PP gaña as eleccións en Galicia con máis do 35% dos votos. O PSdeG obtén o 21,7% dos votos, AGE o 10,5%, Podemos o 8,31% e o BNG o 7,9%. A formación de Pablo Iglesias dá a sorpresa e sitúase como cuarta forza en Galicia. Esquerda Plural obtén 6 escanos e a coalición BNG-Bildu un, polo que Lidia Senra e Ana Miranda terán espazo na Eurocámara.
O PPE gañaría as eleccións europeas con 211 escanos, segundo as proxeccións para o Parlamento Europeo que recompilan sondaxes de toda a UE.
O PP Europeo sería o grupo máis votado, segundo as estimacións e enquisas a pé de urna, cun 28,10% dos apoios e 211 deputados. Os socialdemócratas terían o 25,7% dos votos (193 eurodeputados). A Alianza dos Demócratas e Liberais sería o terceiro grupo con 74 escanos e o 9,85% dos votos, por diante dos Verdes (54 eurodeputados e un 7,72%) e a Esquerda Unitaria Europea (47 deputados e 6,26%)
A participación no Estado foi do 45,58% e supera á de 2009 en seis décimas. En toda a UE situouse no 43,11%, practicamente idéntica á de hai cinco anos, segundo datos do Ministerio do Interior.
O Deportivo perde en Soria ante o Numancia (2-1) e complícase o ascenso. Un gol nos últimos minutos deulle a vitoria ao equipo local.
O PSdeG denunciará "irregularidades" e carretaxe de votos na provincia de Lugo, onde terían aparecido sobres coas papeletas do PP dentro.
Marine Le Pen demándalle a Hollande a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións. Manuel Valls afirma que os resultados, que lle darían a vitoria á FN, son un "sismo" e "un momento grave" para Francia o mesmo que o centrista Bayrou, que fala dunha "descomposición da vida política francesa" ou Ségolène Royal, que os cualifica de "shock".