A foto dun incendio en Cotobade, 'fotografía do ano' para un prestixioso premio de Portugal. O fotoxornalista vigués Felipe Carnotto foi o autor da imaxe premiada co Estação Imagem. Cóntao PontevedraViva.
Fálase
Os empregados de limpeza de Lugo, de folga indefinida desde o día 18. Sindicatos e patronal lucense si aceptaban a oferta do mediador, pero a asociación estatal de empresas do sector non a asumiu.
A Xunta deixou sen gastar o pasado ano máis de 200 millóns en investimentos. Executáronse oito de cada dez euros orzamentados para obras e infraestruturas.
António Costa: "En Portugal demostramos que é posible mudar o goberno e a política dentro do marco europeo". O primeiro ministro luso fala nunha entrevista para El País.
Corea do Norte di estar "lista para a guerra" logo do despregamento naval "insensato" dos EUA. O réxime de Kim Jong-un advirte de "consecuencias catastróficas".
Recuperan do mar o corpo sen vida do mozo de 17 anos que desapareceu mentres se bañaba na praia coruñesa do Orzán
Salvamento Marítimo, Policía e Bombeiros buscan un mozo desaparecido na praia do Orzán da Coruña mentres nadaba. Está a contalo a TVG
Activo un incendio que xa queimou 100 hectáreas en Lobios e extinguido outro que arrasou 34 en Vilariño de Conso. Outro foco está controlado en Carballeda de Avia.
Facenda controlará a xestión do Sergas logo de elevarse o gasto 400 millóns. A consellería colocará equipos de supervisión en cada unha das sete áreas sanitarias, segundo conta Faro de Vigo.
Arnaldo Otegi asegura que "o desarmamento de ETA tería que terse producido moito antes". Cóntao nunha entrevista en El País.