A traballadora infectada por ébola xa non ten restos do virus no sangue, segundo avanza laSexta
Fálase
O Celta empata 1-1 en San Mamés ante o Athletic de Bilbao.
O CD Lugo cae por 1-0 ante o Alavés
O Bloque concorrerá ás municipais coa denominación BNG-Asembleas Abertas. Así o aprobou o Consello Nacional da formación, que decidiu ademais elaborar o programa municipal "a partir das propostas das 154 asembleas abertas celebradas por todo o país" ás que, sinalan, acudiron case 6.000 persoas "das que case o 60% non eran militantes nacionalistas". As persoas que encabecen as candidaturas das cidades "estarán definidas en novembro".
Cerna, corrente interna de Anova, celebrará entre os días 23 e 26 un "referendo telemático" entre a súa militancia para decidir se "abandona Anova" e "dá os pasos para constituírse en partido político".
O PPdeG encoméndalle a coordinación redacción do programa para as municipais a Pedro Puy, como xa fixera en anteriores comicios. Segundo Alfonso Rueda "o PP aplica os seus programas" e "por tanto, teñen que ser realistas, serios e rigorosos".
Pilar Dopazo será a candidata de Compromiso por Galicia á alcaldía de Pontevedra tras ser elixida nas primarias abertas que o partido está a celebrar en diferentes localidades do país. Cóntao Pontevedra Viva
O alcalde da Coruña eloxia un centro segregacionista do Opus -cofinanciado pola Xunta- como o "lugar no que se forman os líderes da nosa futura sociedade". O BNG local lamenta o aval de Negreira ao ensino "reaccionario, ultracatólico e elitista".
Podemos celebra dende esta mañá a súa asemblea en Madrid, na que defininirá a súa organización e propostas programáticas. Os debates pódense seguir ao vivo a través do streaming da formación e en El Diario (foto: @juanlusanchez)
O Goberno de España tenta contrarrestar os vídeos de Gardas Civís agredindo persoas no valado de Melilla con novos vídeos, neste caso de migrantes cuspíndolles aos axentes. Recólleo El Diario