O Bloque concorrerá ás municipais coa denominación BNG-Asembleas Abertas. Así o aprobou o Consello Nacional da formación, que decidiu ademais elaborar o programa municipal "a partir das propostas das 154 asembleas abertas celebradas por todo o país" ás que, sinalan, acudiron case 6.000 persoas "das que case o 60% non eran militantes nacionalistas". As persoas que encabecen as candidaturas das cidades "estarán definidas en novembro".