O PPdeG encoméndalle a coordinación redacción do programa para as municipais a Pedro Puy, como xa fixera en anteriores comicios. Segundo Alfonso Rueda "o PP aplica os seus programas" e "por tanto, teñen que ser realistas, serios e rigorosos".
Fálase
Pilar Dopazo será a candidata de Compromiso por Galicia á alcaldía de Pontevedra tras ser elixida nas primarias abertas que o partido está a celebrar en diferentes localidades do país. Cóntao Pontevedra Viva
O alcalde da Coruña eloxia un centro segregacionista do Opus -cofinanciado pola Xunta- como o "lugar no que se forman os líderes da nosa futura sociedade". O BNG local lamenta o aval de Negreira ao ensino "reaccionario, ultracatólico e elitista".
Podemos celebra dende esta mañá a súa asemblea en Madrid, na que defininirá a súa organización e propostas programáticas. Os debates pódense seguir ao vivo a través do streaming da formación e en El Diario (foto: @juanlusanchez)
O Goberno de España tenta contrarrestar os vídeos de Gardas Civís agredindo persoas no valado de Melilla con novos vídeos, neste caso de migrantes cuspíndolles aos axentes. Recólleo El Diario
Os xulgados galegos reciben, de media, un caso de corrupción cada dous días, segundo datos da Fiscalía Superior de Galicia que recolle Faro de Vigo
Gerardo Crespo quedaba coa maior parte dos cursos de formación da Operación Zeta, cuxo sumario destaca o "peso específico no PP" do empresario coruñés, segundo recolle La Voz
Marea Atlántica celebra un acto público na Coruña ante máis de 350 persoas. Nel informará sobre a evolución do proceso e celebrará o seu "achegamento ao obxectivo final". Pódese seguir en directo aquí.
Sogama anuncia unha rebaixa do seu canon aos concellos do 10% no ano das eleccións municipais. Este mesmo venres a conselleira de Facenda sinalou que non se modificaría.
A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) demandou este venres "un compromiso serio dos poderes políticos" na loita para cambiar "a realidade" das persoas que viven en situacións "precarias". Luis Giménez (Secretariado Gitano), Elías Ledo (Down Galicia) e Guillermo Ascanio (Ecos del Sur) leron un manifesto no Día internacional para a erradicación da pobreza, nun acto que acolleu a sede do Valedor do Pobo.