Sogama anuncia unha rebaixa do seu canon aos concellos do 10% no ano das eleccións municipais. Este mesmo venres a conselleira de Facenda sinalou que non se modificaría.
Fálase
A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) demandou este venres "un compromiso serio dos poderes políticos" na loita para cambiar "a realidade" das persoas que viven en situacións "precarias". Luis Giménez (Secretariado Gitano), Elías Ledo (Down Galicia) e Guillermo Ascanio (Ecos del Sur) leron un manifesto no Día internacional para a erradicación da pobreza, nun acto que acolleu a sede do Valedor do Pobo.
A CIG denuncia que Abanca volveu despedir persoal que participa nas candidaturas do sindicato. Botou dúas traballadoras e abriu expediente a outro empregado máis.
Prolingua denuncia que o letrado da Xunta no TSXG emprega toponimia deturpada nos seus escritos.
Miguel Barros será o candidato de CxG á alcaldía de Vigo logo de gañar o proceso de primarias co 77% dos votos, fronte ao 23% de Daniel Lago.
Sosa Wagner deixa UPyD e renuncia á súa acta de eurodeputado por "falta de liberdade" na formación que lidera Rosa Díez.
Vén de concluír no Consello da Cultura Galega a presentación da nova Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, dez anos despois do inicio da primeira campaña. Toda a información, nuns minutos en Praza.
Las Palmas-Celta e Málaga-Deportivo, serán as eliminatorias de dezaseisavos de final da Copa do Rei para os equipos galegos o 3 e 17 de decembro.
La Voz fala con Alfonso Xavier Canosa, autor hai 20 anos da primeira web en galego, unha páxina persoal de vida efémera creada nunha universidade de Gales.
Máis de 200 persoas manifestáronse este xoves pola tarde en Viveiro en demanda da reposición da praza de mestre que lle foi retirado ao IES Vilar Ponte