Vén de concluír no Consello da Cultura Galega a presentación da nova Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, dez anos despois do inicio da primeira campaña. Toda a información, nuns minutos en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5440de5f4b9a6-veloso.png)
Vén de concluír no Consello da Cultura Galega a presentación da nova Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, dez anos despois do inicio da primeira campaña. Toda a información, nuns minutos en Praza.
Las Palmas-Celta e Málaga-Deportivo, serán as eliminatorias de dezaseisavos de final da Copa do Rei para os equipos galegos o 3 e 17 de decembro.
La Voz fala con Alfonso Xavier Canosa, autor hai 20 anos da primeira web en galego, unha páxina persoal de vida efémera creada nunha universidade de Gales.
Máis de 200 persoas manifestáronse este xoves pola tarde en Viveiro en demanda da reposición da praza de mestre que lle foi retirado ao IES Vilar Ponte
Este venres celébrase o Día Internacional da Erradicación da Pobreza. FEAFES Galicia chama a atención sobre a alta porcentaxe de persoas en situación de pobreza ou risco de exclusión social que padecen unha enfermidade mental. En Vigo varios colectivos (ODS-Coia, Baladre, Parroquia Cristo da Victoria, GAS...) celebran o Día contra a riqueza (aínda que polo mal tempo suspenden os actos de promoción da Renda Básica)-.
O voceiro da Asociación de Autónomos de Galicia (Auga), Lisardo Domínguez, denuncia que "á hora de apañar subvencións, apareceron organizacións" que as persoas que levan toda a vida no sector "nin coñecían". As asociacións fraudulentas, investigadas na operación Zeta, mercaban listas de autónomos para simular ter socios
A forte caída das bolsas das últimas semanas e o temor ao inicio dunha nova recesión levan os propietarios de valores a buscar refuxio no petróleo (que baixa) e outras materias primas e activos, coma o ouro. Tamén na débeda alemán. Pola contra, os intereses das débedas española, portuguesa ou grega crecen.
España acada un asento no Consello de Seguridade da ONU. Precisou tres votacións para lograr un lugar no principal órgano de decisión das Nacións Unidas.
Anticorrupción pide a Blesa e Rato unha fianza de 15,5 millóns de responsabilidade civil polas tarxetas black de Caja Madrid.
O BNG reclama a apertura dunha comisión de investigación no Parlamento sobre a presunta fraude en cursos formativos que, segundo a investigación, pode chegar aos 20 millóns. A Policía detivo sete persoas sobre este caso, ligado a empresas do coruñés Gerardo Crespo, entre outras.