O voceiro da Asociación de Autónomos de Galicia (Auga), Lisardo Domínguez, denuncia que "á hora de apañar subvencións, apareceron organizacións" que as persoas que levan toda a vida no sector "nin coñecían". As asociacións fraudulentas, investigadas na operación Zeta, mercaban listas de autónomos para simular ter socios
Fálase
A forte caída das bolsas das últimas semanas e o temor ao inicio dunha nova recesión levan os propietarios de valores a buscar refuxio no petróleo (que baixa) e outras materias primas e activos, coma o ouro. Tamén na débeda alemán. Pola contra, os intereses das débedas española, portuguesa ou grega crecen.
España acada un asento no Consello de Seguridade da ONU. Precisou tres votacións para lograr un lugar no principal órgano de decisión das Nacións Unidas.
Anticorrupción pide a Blesa e Rato unha fianza de 15,5 millóns de responsabilidade civil polas tarxetas black de Caja Madrid.
O BNG reclama a apertura dunha comisión de investigación no Parlamento sobre a presunta fraude en cursos formativos que, segundo a investigación, pode chegar aos 20 millóns. A Policía detivo sete persoas sobre este caso, ligado a empresas do coruñés Gerardo Crespo, entre outras.
As intensas chuvias colapsan amplas zonas de Vigo e outras localidades do sur de Galicia. Recólleo Faro de Vigo (Imaxe: Praza Pública).
PP, PSOE, UPyD e CiU rexeitan no Congreso pedirlle ao Goberno que demande a Israel danos e prexuízos por destruír o aeroporto de Gaza, que foi financiado con fondos públicos españois. A proposición foi presentada polo BNG e contou co apoio da Esquerda Plural, Amaiur e case todo o Grupo Mixto.
Mariñeiros do xeito maniféstanse en Rianxo contra a intención da UE de prohibir a súa arte. A localidade do Barbanza é base da maioría dos xeiteiros de Galicia. Foto de @adolfomuinhos.
Ingresa no Carlos III o pasaxeiro con febre do avión inmobilizado en Barajas. Un contacto de baixo risco coa enferma de ébola tamén foi ingresado no mesmo centro.
Carne Cruda emitirase desde hoxe en Cuac FM. Será todos os xoves entre as 12 e as 14 horas.