Pintan touros nos bancos do Concello de Sarria inspirados na bandeira LGTBI. O consistorio reparará o mobiliario danado, na rúa Castelao, e seguirá a instalar os bancos previstos coas mesmas cores. (Imaxe: BNG)
Fálase
Medio Rural permite dende hoxe volver tramitar permisos de queimas controladas pola "diminución de risco de incendios". Paralelamente, o dispositivo de extinción de incendios forestais vai reducindo a súa dimensión.
O PP vasco acusa a Ciudadanos de axitar o "nacionalismo español" contra Euskadi e o seu financiamento. Asegurouno o líder da formación popular no País Vasco, o ex-ministro Alfonso Alonso, ao fío da nova negociación do cupo. Recólleo El Mundo.
Xunta e concellos acordan o bombeo máis eficiente do Verdugo para paliar a seca. A solución custa 5,5 millóns e o Concello di estar disposta a asumilo.
O Congreso permitirá ás persoas transexuais cambiar legalmente o sexo e o nome sen declararse enfermos. A Cámara vota unha proposición do PSOE que apoiarán Ciudadanos e Unidos Podemos.
Falece o fiscal superior de Catalunya, José María Romero de Tejada. Acábao de comunicar o ministro de Xustiza, Rafael Catalá.
O Goberno central nega a axuda financeira ás autonomías se non asinan un convenio que beneficia as farmacéuticas. O acordo entre o Executivo e a patronal garante un nivel de gasto público anual constante en medicamentos de marca.
Puigdemont coida que "seguramente" non podería regresar a Catalunya para participar nunha eventual investidura. Afirmouno durante unha entrevista en TV3 realizada en Bélxica na que "esixiu" que as autoridades do Estado lle permitan facer campaña para as eleccións do 21D en territorio catalán.
O Sergas restrinxe a vacina da Hepatite B en persoas adultas por falta de doses. Cóntao Faro de Vigo
Competencia acusa a Iberdrola de cobrar subvencións ás renovables por electricidade producida con gas. Cóntao eldiario.es. A compañía xa fora sancionada pola CNMC por manipular o prezo da luz nos seus encoros, entre eles os galegos, e é acusada ao respecto por Anticorrupción na Audiencia Nacional.