Manuel Fernández Sousa e o seu entorno venderon accións de Pescanova días antes de estoupar a crise na empresa. O feito está sendo investigado pola CNMV.
Fálase
A nova Lei de Emprendedores limitará a responsabilidade do empresario: non perderá nin a súa casa nin o seu coche en caso de quebra
Os sindicatos denuncian que o Goberno "está buscando o desastre de Fogasa para xustificar a súa privatización". A falta de persoal empeorou o servizo e a única solución que propón o Goberno é privatizar parte da súa xestión.
Portugal conxela o gasto público. Facenda paraliza todas as partidas extra dos ministerios até que se decidan os novos recortes
Un vídeo revela que Zara coñecía os seus talleres ilegais en Arxentina. A multinacional enfróntase á segunda demanda interposta pola ONG La Alameda, que convocou un escrache este xoves fronte a unha das súas tendas en Bos Aires.
Baltar admite que o PP de Ourense "non pagou nada" por utilizar o pavillón de deportes Paco Paz, na capital ourensá, para o seu congreso de 2010. Recólleo Faro de Vigo
A CIG celebra a esta hora concentracións contra o plan de emprego xuvenil do Goberno central e contra os recortes nos subsidios de desemprego.
O Goberno tramita as primeiras multas por participar nun escrache. Sancións de 1.500 euros para tres organizadores. Adiántao a Cadena Ser.
O deputado que vendía preferentes vota a favor da arbitraxe que rexeitan os afectados. Antonio Pérez Insua evita absterse na votación do decreto sobre estes produtos financeiros.
Afectados polas participacións preferentes manifestáronse esta tarde en Lugo. Volveron exixir a devolución de todos os seus aforros e o rexeitamento da quita. Imaxe: BNG.