O deputado que vendía preferentes vota a favor da arbitraxe que rexeitan os afectados. Antonio Pérez Insua evita absterse na votación do decreto sobre estes produtos financeiros.
Fálase
Afectados polas participacións preferentes manifestáronse esta tarde en Lugo. Volveron exixir a devolución de todos os seus aforros e o rexeitamento da quita. Imaxe: BNG.
A Fundación Premios da Crítica de Galicia, en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza a partir das oito da tarde na Casa das Campás un coloquio arredor das artes escénicas no que participarán Antonio Durán “Morris”, Silda Alfaro, Roberto Pascual, Afonso Becerra e Cristina Domínguez.
Achégase a data de lanzamento de Galiza Ano Cero, a canle de televisión en internet feita dende abaixo á esquerda. E explica algúns detalles máis sobre o seu funcionamento
O Festival do Norte de Vilagarcía pecha o seu cartaz e a súa distríbución por días. Celebrarase o 17 e 18 de maio con Dorian, Triángulo de Amor Bizarro, La Habitación Roja, Xoel López ou Dover como principais nomes.
Accionistas minoritarios de Pescanova piden ata seis anos de cadea para o consello por presuntos delitos societarios. Acúsano de administración fraudulenta e falseamento de contas.
A Xunta pídelle a General Dynamics "un último esforzo" na busca de alternativas para a Fábrica de Armas da Coruña.
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo e a AU Enrique Ruano organizan este xoves e venres unhas Xornadas de Vivenda, coa presenza de Rafa Mayoral, asesor xurídico da PAH, Iolanda Veloso (BNG), David Fernández (AGE) ou Óscar Lomba (PAH).
#consellodaxunta Feijóo considera "perigosa" a decisión da Junta de Andalucía sobre expropiacións de pisos para evitar desafiuzamentos. "Aconséllolles que o estuden con moito detalle, porque as solucións máis doadas son as menos intelixentes", afirma.
#consellodaxunta Feijóo culpa a oposición galega da "desafección" da cidadanía cara aos políticos. Censura a "hipocrisía" de PSdeG e BNG por que o bipartito concedeu "axudas de solidariedade" ás empresas de Dorado, pero evita aclarar as achegas na época de Fraga. Entre 2009 e 2012 "hai facturas, que non axudas" por 5.000 euros, afirma.