Accionistas minoritarios de Pescanova piden ata seis anos de cadea para o consello por presuntos delitos societarios. Acúsano de administración fraudulenta e falseamento de contas.
Fálase
A Xunta pídelle a General Dynamics "un último esforzo" na busca de alternativas para a Fábrica de Armas da Coruña.
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo e a AU Enrique Ruano organizan este xoves e venres unhas Xornadas de Vivenda, coa presenza de Rafa Mayoral, asesor xurídico da PAH, Iolanda Veloso (BNG), David Fernández (AGE) ou Óscar Lomba (PAH).
#consellodaxunta Feijóo considera "perigosa" a decisión da Junta de Andalucía sobre expropiacións de pisos para evitar desafiuzamentos. "Aconséllolles que o estuden con moito detalle, porque as solucións máis doadas son as menos intelixentes", afirma.
#consellodaxunta Feijóo culpa a oposición galega da "desafección" da cidadanía cara aos políticos. Censura a "hipocrisía" de PSdeG e BNG por que o bipartito concedeu "axudas de solidariedade" ás empresas de Dorado, pero evita aclarar as achegas na época de Fraga. Entre 2009 e 2012 "hai facturas, que non axudas" por 5.000 euros, afirma.
#consellodaxunta Feijóo reitera que cursará un convite para que o papa Francisco visite Galicia. Formularao ante o xeneral da orde franciscana, orixinario de Xinzo de Limia, ao que recibe este mediodía en San Caetano.
Uruguai legaliza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e tamén permitirá adoptar ás parellas homosexuais. O país charrúa convértese no duodécimo en todo o mundo en ampliar este dereito.
#consellodaxunta Feijóo anuncia que marcha a México "nas próximas horas". Durante a súa ausencia, o vicepresidente Rueda encargarase do "despacho" dos asuntos da Presidencia.
#consellodaxunta A Xunta estuda un informe sobre a futura aprobación da Lei do Empregado Público, incluída no programa electoral do PP
O presidente do Congreso expulsa da sesión o deputado de ERC Joan Tardá por falar en catalán. Fíxoo para protestar contra a decisión xudicial segundo a cal as clases en Catalunya terán que ser en castelán se un só alumno o pide. Cóntao Vilaweb.