O presidente do Congreso expulsa da sesión o deputado de ERC Joan Tardá por falar en catalán. Fíxoo para protestar contra a decisión xudicial segundo a cal as clases en Catalunya terán que ser en castelán se un só alumno o pide. Cóntao Vilaweb.
Fálase
Esta tarde reúnese no Parlamento por primeira vez a comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro para definir as súas normas de funcionamento.
Polémica na rede por unha serie de tuits contra os escraches de Sigfrid Antonio Soria, deputado autonómico en Canarias polo Partido Popular entre 2007 e 2011
José Luis Méndez renuncia tamén ao título de doutor honoris causa da UdC. O ex director da Caixa Galicia xa renunciou á consideración de Fillo Predilecto da Coruña.
Continúan as negociacións entre PSdeG, UxC, Esquerda Unida e BNG para presentar unha moción de censura en Cambre contra o alcalde popular Manuel Rivas. Un dos concelleiros socialistas será o novo rexedor.
A Policía alerta ao Goberno dun incremento das mobilizacións sociais nas rúas coincindindo coa chegada do bo tempo.
Vía libre para a presentación da moción de censura en Ponteareas. Xosé Represas (BNG) será alcalde co apoio de socialistas e independentes
UGT celebra o seu 41º Congreso Confederal, no que Cándido Méndez será reelixido secretario xeral tras 19 anos no cargo. "Temos que abrir máis o sindicato, non é o momento de enrocarnos en nós mesmos", di Méndez.
A contabilidade interna que o PP lle remitiu á Fiscalía Anticorrupción e á Audiencia Nacional rexistra todos os ingresos, agás un, por doazóns empresariais que recolleu o extesoureiro Luis Bárcenas nos seus cadernos manuscritos
Afectados polas preferentes realizan un escrache ante a vivenda do alcalde de Salvaterra en Portugal, a un quilómetro da fronteira