A Policía alerta ao Goberno dun incremento das mobilizacións sociais nas rúas coincindindo coa chegada do bo tempo.
Fálase
Vía libre para a presentación da moción de censura en Ponteareas. Xosé Represas (BNG) será alcalde co apoio de socialistas e independentes
UGT celebra o seu 41º Congreso Confederal, no que Cándido Méndez será reelixido secretario xeral tras 19 anos no cargo. "Temos que abrir máis o sindicato, non é o momento de enrocarnos en nós mesmos", di Méndez.
A contabilidade interna que o PP lle remitiu á Fiscalía Anticorrupción e á Audiencia Nacional rexistra todos os ingresos, agás un, por doazóns empresariais que recolleu o extesoureiro Luis Bárcenas nos seus cadernos manuscritos
Afectados polas preferentes realizan un escrache ante a vivenda do alcalde de Salvaterra en Portugal, a un quilómetro da fronteira
O crowdfunding moveu 2.700 millóns de dólares en todo o mundo en 2012, un 81% máis que o ano anterior.
Este xoves péchanse na Facultade de Filoloxía da USC as xornadas sobre o cincuentenario do Día das Letras Galegas organizadas pola Liga Estudantil Galega. Falarán Goretti Sanmartín, María do Cebreiro, Manuel Bragado, O Leo i Arremecághona, Víctor Freixanes e Xosé Luís Regueira. E haberá un recital poético con Chus Pato e María do Cebreiro.
As estatísticas de tráfico aéreo de marzo amosan novas caídas nos tres aeroportos galegos. A Coruña e Vigo superan o 15% de perda de viaxeiros e Compostela descende máis do 5%.
O bispo de Alcalá de Henares sentenza que os nenos e nenas "dubidan da súa sexualidade por ideoloxías no ensino". Cóntao a Cadena SER.
O BNG pregúntalle ao Goberno central no Congreso se é certo que o rei falou co emir de Qatar para pedirlle contratos para Navantia e non para mediar a prol de Urdangarín.