A xuíza da Operación Zeta reactiva os interrogatorios e cita o presunto líder da trama, Gerardo Crespo, para finais de novembro. Cóntao La Opinión de A Coruña
Fálase
Os tres edís do PSOE que abandonaron o goberno de Ferrol votan co PP para impedir unha modificación de crédito para atender pagamentos inmediatos do Concello. Cóntao Ferrol 360.
Esta fin de semana celébrase en Compostela a segunda edición do Maker Faire Galicia. O Pazo de Congresos acollerá presentacións, obradoiros, concertos, mesas redondas e outras actividades. O pasado ano 138 makers participaron no evento
Os nativos dixitais galegos pasan conectados á rede máis do dobre de tempo (3,5 horas) que os da Xeración X (1,5), segundo un informe da axencia Avante Marketing&Media que analiza os hábitos de consumo dixital.
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, o documental interactivo realizado por un grupo de estudantes da UDC, estrearase en outubro e xa ten trailer
Onde ver cinema en versión orixinal substitulada en Galicia? Disquecool actualiza o seu mapa de salas do país e tamén en Portugal
O Concello da Coruña abre este venres o prazo para solicitar a nova renda social municipal. O consistorio coruñés vén de abrir un novo sitio web con información sobre esta prestación e as súas condicións.
Persoal de Extel concéntrase contra o ERE que prevé despedir 205 persoas na Coruña. O alcalde, Xulio Ferreiro, e representantes de BNG e En Marea apoian a mobilización. "Faremos todo o posible para defender os postos de traballo", di o rexedor.
José Luis Baltar declara este xoves como investigado -antiga imputación- na instrución que se segue contra o seu fillo polo presunto ofrecemento de emprego a cambio de sexo. Terá que responder por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias.
#LandRoberFeijóo Feijóo acode ao programa Land Rober da TVG. Nunha das primeiras incursións da canle pública no humor político nos últimos anos, o presidente en funcións tivo que abordar preguntas sobre a súa vida persoal e política ou admitir que descoñece algúns dos espazos e personaxes referencia da Galega.