Persoal do 061 critica que a Xunta "estea de vacacións" en plena folga indefinida no servizo. Sinalan que non conseguen contactar cos representantes da Administración para trasladarlles as súas reivindicacións
Fálase
Centos de axentes forestais e ambientais manifestáronse este mércores en Vigo en defensa do medio natural e en demanda de mellores condicións de traballo para protexelo
Dous incendios están a queimar o Parque Natural do Invernadoiro, no concello de Vilariño de Conso. Polo de agora arrasaron xa varias hectáreas de terreo, cunha fronte moi extensa, como se pode ver neste vídeo.
Os axentes ambientais e forestais manifestaranse esta tarde en Vigo (Praza de España, 19 horas) en defensa do patrimonio natural galego e para reclamar un acordo laboral que regule as súas condicións de traballo. O colectivo permanece en folga dende o pasado 1 de agosto.
O grupo de observación de cetáceos Verballenas rexistrou o paso de dúas candorcas por Estaca de Bares en dirección ao Cantábrico. Nos últimos anos Galicia vén confirmándose como un espazo privilexiado de alimentación e migración de cetáceos
PP e Ciudadanos non apoiarán o decreto de exhumación dos restos de Franco. Á xa coñecida negativa dos populares únese a da formación liderada por Albert Rivera, que o pasado ano si apoiara unha iniciativa parlamentaria neste senso
Máis de 25 concentracións protestaron este martes contra a violencia machista, en repulsa polo asasinato do domingo en Cabana de Bergantiños, a terceira muller morta a mans da súa parella ou ex parella no que levamos de ano en Galicia
BNG e En Marea rexistran no Parlamento a petición da comisión de investigación sobre o accidente n'O Marisquiño. Marea de Vigo pide a destitución de López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria.
O Goberno central confirma que un decreto lei blindará este venres a exhumación dos restos de Franco. A norma terá que ser ratificada polo Congreso e o traslado dos restos adiaríase ata mediados de setembro
Este luns comezaron os traballos arqueolóxicos en Penedo dos Lobos (Manzaneda), que buscan confirmar a localización dun campamento militar romano, un dos mellor conservados do noroeste peninsular. O equipo de romanarmy realiza todos os días unha conexión en directo ás 12 do mediodía para dar conta dos avances da pescuda.