Este luns comezaron os traballos arqueolóxicos en Penedo dos Lobos (Manzaneda), que buscan confirmar a localización dun campamento militar romano, un dos mellor conservados do noroeste peninsular. O equipo de romanarmy realiza todos os días unha conexión en directo ás 12 do mediodía para dar conta dos avances da pescuda.
Fálase
Hoxe os termómetros volverán roldar os 35 graos en Ourense, no Baixo Miño e nas Rías Baixas. Nos resto do país as temperaturas serán tamén altas, superando os 30 graos en boa parte do territorio
Convocadas 16 concentracións este martes en repulsa polo asasinato machista deste domingo en Cabana de Bergantiños. É a terceira muller asasinada pola súa parella ou ex-parella este ano en Galicia, todas nos últimos dous meses.
O movemento feminista prepara mobilizacións para este martes en resposta ao asasinato machista deste domingo en Cabana de Bergantiños. Un home de 56 anos matou á súa dona, de 50, dun disparo na cabeza. O matrimonio estaba en trámites de separación.
O Concello de Curtis concedeu licencia de obra á megaplanta de biomasa de Greenalia Biomass Power no polígono de Teixeiro. A factoría prevé queimar 546.000 toneladas anuais de madeira procedente de cultivos enerxéticos.
Praza non se actualiza nas fins de semana de agosto. Volvemos o luns a primeira hora, pero se queres tes moito que ler en Praza.gal
O PPdeG pide explicacións a Caballero polo accidente n'O Marisquiño e di que "puido montar un Madrid Arena".
O diario Clarín dedica unha reportaxe á emigración galega na Arxentina e ao Centro Gallego, en grave crise e con só 40 camas activas. A histórica institución da emigración galega negocia a súa venda ao grupo Ribera Salud.
Barcelona minimiza o papel das institucións na homenaxe ás vitimas dos atentados do 17A para evitar o choque político