Convocadas 16 concentracións este martes en repulsa polo asasinato machista deste domingo en Cabana de Bergantiños. É a terceira muller asasinada pola súa parella ou ex-parella este ano en Galicia, todas nos últimos dous meses.
Fálase
O movemento feminista prepara mobilizacións para este martes en resposta ao asasinato machista deste domingo en Cabana de Bergantiños. Un home de 56 anos matou á súa dona, de 50, dun disparo na cabeza. O matrimonio estaba en trámites de separación.
O Concello de Curtis concedeu licencia de obra á megaplanta de biomasa de Greenalia Biomass Power no polígono de Teixeiro. A factoría prevé queimar 546.000 toneladas anuais de madeira procedente de cultivos enerxéticos.
Praza non se actualiza nas fins de semana de agosto. Volvemos o luns a primeira hora, pero se queres tes moito que ler en Praza.gal
O PPdeG pide explicacións a Caballero polo accidente n'O Marisquiño e di que "puido montar un Madrid Arena".
O diario Clarín dedica unha reportaxe á emigración galega na Arxentina e ao Centro Gallego, en grave crise e con só 40 camas activas. A histórica institución da emigración galega negocia a súa venda ao grupo Ribera Salud.
Barcelona minimiza o papel das institucións na homenaxe ás vitimas dos atentados do 17A para evitar o choque político
Morre Aretha Franklin. A artista falece aos 76 anos de idade despois de varios días ingresada en estado grave. Cancións como "Respect", "Think" ou "(You Make Me Feel Like) A Natural Woman" convertérona na Raíña do Soul
Xa se pode ver o segundo avance do documental Outra Coruña Posible, centrado na figura de Domingos Merino e que se presentará en setembro. "Falar de Domingos Merino é falar desa outra Coruña que sempre existiu fronte á oficial", dicíanos neste entrevista un dos seus autores.