Morre Aretha Franklin. A artista falece aos 76 anos de idade despois de varios días ingresada en estado grave. Cancións como "Respect", "Think" ou "(You Make Me Feel Like) A Natural Woman" convertérona na Raíña do Soul
Fálase
Xa se pode ver o segundo avance do documental Outra Coruña Posible, centrado na figura de Domingos Merino e que se presentará en setembro. "Falar de Domingos Merino é falar desa outra Coruña que sempre existiu fronte á oficial", dicíanos neste entrevista un dos seus autores.
Arriva agarda o visto bo de Competencia para iniciar a ruta ferroviaria con Porto. A compañía proxecta catro viaxes diarias dende A Coruña con paradas en Compostela, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo, Valença e Nine, cunha duración total de tres horas. Espera comezar a mediados de 2019.
O PSOE (28%) sería a forza máis votada se houbese eleccións xerais, segundo a enquisa de Celeste Tel que publica eldiario.es. O PP frea o seu descenso e obtería o 25,5%, moi por diante de Ciudadanos (19,4%) e Unidos Podemos e confluencias (17,3%)
A Asociación Festivais de Galicia destaca, en relación co accidente do pasado domingo en Vigo, que O Marisquiño "pode reclamar fronte á administración titular do porto os danos causados por ser autorizada para o uso dunha infraestrutura deteriorada". A entidade felicita ao festival pola "impecable execución" do plan de autoprotección que, destaca, non é obrigatorio rexistrar ante a Xunta
A plataforma contra a mina de Touro-O Pino comeza unha campaña informativa aos peregrinos no Obradooiro para advertirlles das consecuencias que tería a aprobación do megaproxecto mineiro por parte da Xunta.
Iñigo Urkullu visita a Oriol Junqueras na cadea por "razóns humanitarias". O lehendakari atopou o ex-vicepresidente catalán "moi consciente da súa situación".
As mortes de migrantes no Mediterráneo Central aumentan un 21% desde o peche dos portos italianos
Os axentes forestais, en folga dende o 1 de agosto, manifestaranse o 22 en Vigo. O persoal demanda melloras laborais e coida que os atrancos nas negociacións non se deben a cuestións económicas: denuncian que a Xunta pretende "desmantelar" a medio prazo este servizo público
Maltrato da Paisaxe denuncia con esta foto a utilización do castro de Santa Trega como merendeiro durante a Festa do Monte que tivo lugar este domingo. O sitio arqueolóxico da Guarda ten consideración de Monumento Histórico Artístico dende 1931