Arriva agarda o visto bo de Competencia para iniciar a ruta ferroviaria con Porto. A compañía proxecta catro viaxes diarias dende A Coruña con paradas en Compostela, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo, Valença e Nine, cunha duración total de tres horas. Espera comezar a mediados de 2019.
Fálase
O PSOE (28%) sería a forza máis votada se houbese eleccións xerais, segundo a enquisa de Celeste Tel que publica eldiario.es. O PP frea o seu descenso e obtería o 25,5%, moi por diante de Ciudadanos (19,4%) e Unidos Podemos e confluencias (17,3%)
A Asociación Festivais de Galicia destaca, en relación co accidente do pasado domingo en Vigo, que O Marisquiño "pode reclamar fronte á administración titular do porto os danos causados por ser autorizada para o uso dunha infraestrutura deteriorada". A entidade felicita ao festival pola "impecable execución" do plan de autoprotección que, destaca, non é obrigatorio rexistrar ante a Xunta
A plataforma contra a mina de Touro-O Pino comeza unha campaña informativa aos peregrinos no Obradooiro para advertirlles das consecuencias que tería a aprobación do megaproxecto mineiro por parte da Xunta.
Iñigo Urkullu visita a Oriol Junqueras na cadea por "razóns humanitarias". O lehendakari atopou o ex-vicepresidente catalán "moi consciente da súa situación".
As mortes de migrantes no Mediterráneo Central aumentan un 21% desde o peche dos portos italianos
Os axentes forestais, en folga dende o 1 de agosto, manifestaranse o 22 en Vigo. O persoal demanda melloras laborais e coida que os atrancos nas negociacións non se deben a cuestións económicas: denuncian que a Xunta pretende "desmantelar" a medio prazo este servizo público
Maltrato da Paisaxe denuncia con esta foto a utilización do castro de Santa Trega como merendeiro durante a Festa do Monte que tivo lugar este domingo. O sitio arqueolóxico da Guarda ten consideración de Monumento Histórico Artístico dende 1931
A derruba dun viaduto en Xénova (Italia) provoca decenas de mortes. Pénsase que a ponte, construída nos anos 60, quedou deibilitada por mor dunha tromba de auga nos últimos días
Pedro Sánchez pasa de denunciar as devolucións en quente a defendelas cos mesmos argumentos que o PP. O PSOE defende a legalidade destas prácticas ante o Tribunal de Estrasburgo, que condenou a España.