Pedro Sánchez pasa de denunciar as devolucións en quente a defendelas cos mesmos argumentos que o PP. O PSOE defende a legalidade destas prácticas ante o Tribunal de Estrasburgo, que condenou a España.
Fálase
A Xunta alega non ter competencias para declarar a velutina como praga e di que "hai que convivir" con ela. O 112 recibiu case 25 mil avisos pola presenza desta avespa no último ano. Hai uns meses Medio Rural rexeitou un trampeo masivo contra esta especie
O propietario da parcela no que se atopa o castro de Barreiros que está a ser utilizado como estacionamento de autocaravanas colocou un cartel de "prohibido aparcar". Mariña Patrimonio critica que as administacións "non asuman as súas obrigas e continúen ausentes".
Afunde un treito da pasarela do Náutico de Vigo onde se ía celebrar un concerto do festival O Marisquiño. Varias persoas que asistían ao evento sobre a estrutura caeron á auga ou resultaron feridas, segundo informa Faro de Vigo
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para lerdes e o luns estamos de volta :)
O galego Xabier Fortes dirixirá Los Desayunos de TVE, segundo avanza El País. Fortes, membro do Consello de Informativos da canle estatal, participou activamente nas mobilizacións contra a manipulación informativa e conduciu La noche en 24 horas ata a chegada da cúpula impulsada polo Goberno do PP en 2012. Nesta entrevista en Praza.gal debullou as reivindicacións do persoal.
O conselleiro de Sanidade carga contra os colexios médicos por "inoportunos" tras lle pedir explicacións do falecemento no PAC da Estrada. A organización colexial está a ser "inxusta" coa Xunta, segundo di Jesús Vázquez Almuiña e recolle La Voz de Galicia
Vítimas de ETA desmárcanse do PP de Pablo Casado e rexeitan que Sánchez este a facer "concesións" a presos encarcerados por asasinaren no nome da banda terrorista. Segundo os populares, o Goberno central "premia os verdugos e castiga as vítimas" e Feijóo agrega que os traslados deben contar co "visto e prace" do seu partido. Tamén Ciudadanos carga contra a aplicación da lei no achegamento destes presos a cárceres de Euskadi.
Os traballos de restauración logran eliminar a pintada da escultura da fachada de Praterías da Catedral de Santiago. Os traballos custaron uns 12.000 euros á Fundación Catedral e implicaron a aplicación de láser e disolvente. A columna estará protexida durante uns días cunha barreira de seguridade e unha indicación de "non tocar".
Feijóo, sobre o máster de Pablo Casado: "Se el está tranquilo, eu tamén". O presidente da Xunta afirmou a preguntas dos xornalistas en Madrid que el mesmo "preguntou" ao novo presidente do PP sobre o caso e "manifestou absoluta tranquilidade".