Doce persoas dunha mesma familia morren en Gaza despois de que a súa casa fose alcanzada por un cohete israeli. Xa son 82 os palestinos mortos dende que o mércores Israel comezou os ataques. Obama afirma que Israel ten "dereito a defenderse".
Fálase
Coincidindo coa folga de recollida do lixo en Madrid, está tendo moito éxito unha iniciativa que chama a depositar as bolsas nas portas dos bancos. O hashtag #tubasuraalbanco é trending topic en twitter.
O blog Diario de Palestina conta en directo como se están vivindo nos territorios ocupados os ataques do exército israeli
Alberte Mera García vén de ser elixido novo secretario xeral de Galiza Nova, que este domingo celebrou a súa XII Asemblea Nacional.
Na Terceira galega o Racing de Ferrol segue como lider indiscutible (33 puntos) seguido de Celta B (26) e Compostela (23)
Celta B 4-0 Ordes
Racing Vilalbés 0-0 Vilalonga
Somozas 1-2 Rápido de Bouzas
Barbadás 2-1 Bergantiños
Céltiga 0-1 Dorneda
Negreira 1-2 Racing de Ferrol
Cerceda 0-0 Betanzos
Alondras 1-0 Deportivo B
Pontevedra 4-2 As Pontes
Narón 0-3 CompostelaGran vitoria do Blusens Mombús na casa do Caja Laboral 68-77. Nos composteláns cinco xogadores anotaron máis de dez puntos, con 21 de Mejri. O Obradoiro mantense na zona superior da clasificación da ACB. Na Adecco Ouro triunfos de Ourense 82-78 ante o Huesca e de Breogán en Melilla 57-64. E derrota do Leyma Coruña ante o Burgos 75-84.
A Feira Ecolóxica de Arzúa pechou esta tarde a súa novena edición con "éxito" segundo os seus organizadores. “O ecolóxico está de actualidade e Arzúa estivo á altura”, a coordinadora do evento, Txeli Vicente.
O Celta empata en Balaídos ante o Mallorca. Hemed adiantou os visitantes no primeiro tempo e Park Chu-Young empatou para os celestes no minuto 56. O Celta queda con 11 puntos.
Bos resultados dos equipos galegos na 2ªB. O Ourense gañoulle 3-1 ao Marino. E o Coruxo empatou no campo do Getafe B 2-2
Milleiros de traballadores do sistema sanitario maniféstanse en Madrid contra os recortes na chamada "marea branca".