O Celta suma un novo punto e xa está máis preto da salvación. O equipo vigués empata co Getafe (1-1) grazas a un bo gol de Rafinha.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5309b0144a7a1-cel-get_13-14.jpg)
O Celta suma un novo punto e xa está máis preto da salvación. O equipo vigués empata co Getafe (1-1) grazas a un bo gol de Rafinha.
Ucraína pártese en dous. A oposición destitúe o presidente Yanukovich por ampla maioría e convoca novas eleccións para o 25 de maio, pero este denuncia un golpe de Estado.
Espazo Ecosocialista celebrou hoxe a súa II Asemblea Nacional, na que volveu apostar por AGE como suxeito político galego para as eleccións europeas. Toda a informacion, mañá en Praza.
BNG reitera que segue aberto a incorporar todo o nacionalismo de esquerdas á candidatura europea. “O que non necesita este país en absoluto é reforzar os partidos estatais", di o seu voceiro nacional, Xavier Vence. Anova decide mañá se aposta por AGE ou por buscar un acordo co Bloque.
Yanukovich descarta dimitir e cualifica de "golpe de estado nazi" a toma do poder por parte da oposición en Ucraína. Asegurouno nun discurso televisado.
Centos de mulleres rexistran as súas peticións de amparo ao Valedor ante a reforma da lei do aborto. Representantes de varias formacións políticas acoden tamén ao acto. Máis información, hoxe en Praza.
Os manifestantes toman a sede presidencial de Ucraína tras dimitir o presidente da Rada Suprema. Confírmase a toma do poder por parte da oposición nunha xornada histórica.
Un tribunal obriga o Estado a devolver parte da paga extra dos funcionarios. É a primeira sentenza firme contra a Administración estatal, que se une ás que xa deron a razón aos traballadores públicos en Galicia.
Fiscais piden unha "rexeneración moral" aos partidos logo da Pokémon. Demandan máis control e transparencia no uso de cartos públicos.
Beiras decántase por que Anova concorra con EU ás eleccións europeas e aclara que xa hai acordo para que Anova leve cabeza de lista e faga campaña propia en Galicia. Faino nun documento remitido á militancia na que acusa "o obstrucionismo sectario do BNG" de "impedir unha fronte galega".