A intención do Goberno central de crear un gran banco público coas entidades nacionalizadas comparte este venres espazo nas portadas dos xornais impresos coa final da Copa do Rei de fútbol
A intención do Goberno central de crear un gran banco público coas entidades nacionalizadas comparte este venres espazo nas portadas dos xornais impresos coa final da Copa do Rei de fútbol
Denuncian que TV3 cortou a emisión da Gala Català de l'Any (que retransmitiu en falso directo) cando a Plataforma de Afectados pola Hipoteca recolleu o seu premio cun vibrante discurso
A Junta de Extremadura prepara un decreto para que mestres xubilados retomen tarefas docentes nos centros de ensino
Esperanza Aguirre escríbelle a Pachi López en relación coas críticas que o socialista lle fixo sobre as súas declaracións ao fío da final da Copa: "Querido lehendakari: Doy por no recibida tu petición”. Na carta Aguirre afirma que "Me ha sorprendido, aunque no mucho, descubrir que no te gusta que a mí me parezca mal que algunos aficionados quieran aprovechar el partido para convertirlo en una manifestación antiespañola".
Bankia pedirá este venres ao Estado unha axuda superior aos 15.000 millóns de euros. Pretende así completar o plan de viabilidade e converterse nunha entidade "absolutamente saneada".
Nacións Unidas pide a España que "revise" as medidas de austeridade que prexudican os Dereitos Humanos, segundo as ONG.
A reforma laboral apróbase no Congreso co rexeitamento de todos os partidos menos CiU. A maioría das emendas foron tamén rexeitadas.
Feijóo insiste en pedir igualdade de trato para NCG Banco: "Se a solución de Bankia interesa a Novagalicia, demandaremos a solución de Bankia".
IU reclama aos futbolistas da selección española "un xesto solidario" se gañan a Eurocopa. Os xogadores poderían cobrar 300.000 euros por cabeza se repiten a vitoria no Europeo.
Toxo e Méndez denuncian que a reforma laboral que saia do Congreso será "peor" que a anunciada. Os líderes de CCOO e UGT denuncian que as enmendas "empeoran" o texto. Entre os cambios coñecidos destaca que o novo contrato indefinido, que permitía o despido sen indemnización, só existirá mentres o paro supere o 15%.