IU reclama aos futbolistas da selección española "un xesto solidario" se gañan a Eurocopa. Os xogadores poderían cobrar 300.000 euros por cabeza se repiten a vitoria no Europeo.
Fálase
Toxo e Méndez denuncian que a reforma laboral que saia do Congreso será "peor" que a anunciada. Os líderes de CCOO e UGT denuncian que as enmendas "empeoran" o texto. Entre os cambios coñecidos destaca que o novo contrato indefinido, que permitía o despido sen indemnización, só existirá mentres o paro supere o 15%.
A planta de PSA en Vigo fabricará o novo Peugeot 301, que se comercializará en mercados emerxentes. O modelo é un dos coches con maior volume de ventas en todo o mundo.
O Goberno estuda crear un banco público coas entidades nacionalizadas, entre elas Novagalicia Banco.
Axentes da Policía Nacional tentan impedir que as televisións graven unha protesta sindical ante o Congreso dos Deputados. En RTVE
Berta Dávila gaña o XV Premio de Poesía Johán Carballeira polo seu traballo Raíz da fenda
15 antidisturbios efectuaron esta mañá en Ferrol o desafiuzamento dunha muller e o seu fillo de catro anos que onte un grupo de veciños e veciñas conseguira evitar. Rebentaron a porta da casa e cortaron as cadeas coas que Yolanda se atara ao balcón. Concelleiros de EU e BNG están mediando no Concello (na imaxe) para que obteña unha vivenda provisional.
PP y CiU pactan eliminar o contrato con despido gratuíto gratis (o contrato de emprendedores, que permitía periodo de proba dun ano) cando o paro baixe do 15%
#consellodaxunta Feijóo insta a Pachi Vázquez a superar o "déficit de madurez" e censúrao por "mentir" ao acusalo de falsear as contas non pagando facturas no último trimestre de 2011. "É unha mentira maiúscula", asegura o presidente, que non cre que Vázquez sexa "tan indocumentado" e ínstao a "rectificar".
#consellodaxunta A Xunta crea unha comisión mixta co Concello de Santiago para delegar no goberno local as competencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no referente á zona histórica da capital de Galicia.